Skip to Content

RECOLLIDA VALES MATERIAL ESCOLAR | Horarios

HORARIOS RECOLLIDA VALES MATERIAL

Na imaxe anexa podedes ver o calendario e horarios de recollida dos vales de material de Ed. Primaria que acabamos de publicar na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/node/229)

  • Non é preciso cita previa, pero só se pode acceder ao recinto escolar por este motivo e no horario indicado. A entrada farase respectando a distancia de seguridade e desinfectando as mans no acceso ao edificio. Se houbese xente no interior do edificio recollendo o seu vale de material a espera farase na porta.
  • Agradecese que traiades un bolígrafo propio para asinar a recollida do vale de material e así non ter que compartir con outras persoas.
  • As familias con irmás/áns en diferentes cursos/ciclos de Ed. Primaria, poderán recoller todos os vales na quenda asignada que mellor lles acaia.

 

Grazas pola vosa comprensión e colaboración.



page | by Dr. Radut