Skip to Content

SACA O PLÁSTICO DA AUGA

Como sabedes, este ano o PDI (o Proxecto Documental Integrado de Centro) estivo relacionado coa ecoloxía, reciclaxe, alimentación, saúde, etc. Foi un traballo de investigación moi intenso, que nos valeu para presentarnos aos “V Premios Proyecta Innovación”, obter o 1º premio e contar coa forza para seguir traballando nesta estratexia e nesta temática.
Así como fomos introducindo pequeniños cambios no día a día de Barouta, agradecemos que sexades cómplices desta nova proposta que agora vos queremos facer: “Saca o Plástico da Auga”.
Descubrimos que estamos rodeados/as de plástico, envolvemos os nosos alimentos e líquidos nel e, cando non nos serve, acaba no mar. Decidimos que pouco a pouco queremos cambiar isto, en equipo, en comunidade. Cambiar hábitos para transformar o noso entorno próximo e así tamén o noso mundo.
“Saca o Plástico da Auga” é a primera acción que queremos desenvolver contando coa implicación das familias e por isto vos convidamos a que as vosas fillas e fillos (e vós mesmos/as) deixedes de usar botellas de plástico.
Propoñémosvos cambialas polas novas cantimploras de “EmBarouta-T”. O custo é de 2,5€ e podedes mercalas desde xa mesmo no colexio.
Anímate a quitar o plástico da auga e colabora co proxecto comunitario do centro!
 



AdxuntoTamaño
saca plastico auga.jpg148.52 KB


page | by Dr. Radut