Skip to Content

OBRAS NA ESCOLA

 

Este ano a escola acometeu durante o verán unha obra de mellora no primeiro andar do centro que consistiu en retirar e pintar o azulexo para asentalo novamente no sitio (por unha cuestión non só de estética, senón de seguridade) e tamén pintar as portas das aulas. Unha nova imaxe para a nosa escola que continuará nos próximos meses no segundo andar e que agardamos sexa do voso agrado.

Segundo nos informa o Concello de Ames, e logo de falar coa empresa adxudicataria, nos próximos días comezará a obra de mellora e acondicionamento da Nova Biblioteca/Sala de Usos Múltiples. Trátase de unificar os dous balcóns da entrada norte para recuperar un espazo duns 170m2 aproximadamente.

Isto supón unha modificación na entrada e saída do alumnado, xa que o acceso habitual estará inhabilitado nos próximos meses. Desde xeito, e ata novo aviso, a entrada das nenas e nenos ao centro será do seguinte xeito:

  • Ed. Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria: soportal esquerdo/porta emerxencia Ed. Infantil.
  • 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: soportal dereito/porta do comedor.

Como sabedes, a zona dos soportais está elevada, polo que se colocarán dous chanzos que faciliten o acceso a esta zona, na que o alumnado se poderá resgardar en caso de choiva ata a entrada ao centro.

O autobús deixará ao alumnado no mesmo lugar que sempre e terá o patio a súa disposición, agás a zona de entrada (que é sobre a que se vai acometer a obra da nova Biblioteca).

 



page | by Dr. Radut