Skip to Content

LIBRO DIXITAL INGLÉS

O alumnado de 4ºEP e 5ºEP ten a posibilidade de descargar o Class book e Activity book a través dunha Plataforma dixital educativa (BLINK).

O obxectivo deste material é fundamentalmente facilitar e servir de apoio para o traballo diario dos alumnos/as na lingua inglesa, polo tanto o uso que se lle dará será exclusivamente para ver e escoitar os contidos de cada curso.

O sistema de comunicación entre alumnos/as e mestras especialistas seguirá sendo polo de agora, o mesmo utilizado ata o momento (o correo electrónico especificado na páxina web do centro).

 Os pasos a seguir son os seguintes:

 1º- Crear unha conta na plataforma dixital  https://www.blinklearning.com/home

 2º- Introducir código de clase (ficheiro adxunto) 

3º- Un correo electrónico

 4º- Marcar idade ( Aconsellaríamos que para axilizar o trámite, e baixo a responsabilidade familiar, poñer máis de 14 anos).

 5º- Unha clave para este acceso.

 O último paso consiste en que o mestre/a especialista acepte a solicitude deste alumno/a na clase correspondente.

 Unha vez se teña acceso, no menú da man esquerda escolleremos a unidade a traballar no libro dixital.

Esperamos que vos sexa de utilidade e sobre todo que nos poidamos ver pronto.

See you son!

                                                                     TEACHERS

 

AdxuntoTamaño
LIBRO DIXITAL INGLES.pdf124.96 KB


page | by Dr. Radut