CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020-2021
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
-Prazo das solicitudes: 20 de maio ao 19 de xuño
-As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.No ficheiro adxunto atoparedes a documentación necesaria e as solicitudes para descargar.
-O horario de Secretaría do centro será de 9:30 a 12horas.O centro estará aberto únicamente para a entrega da documentación relativa as axudas de libros e material escolar.
Normas de acceso ao recinto escolar:
*Respectar as normas de seguridade.
*Acudir unha persoa por familia.
*Traer os ORIXINAIS dos documentos para cotexar.
*Para outras consultas poderán facelo a través do teléfono ou correo electrónico do centro.
Arteixo a 19 de maio de 2020
Adxunto | Tamaño |
---|---|
documentación solicitada.pdf | 121.37 KB |
IMPRESOS.pdf | 558.82 KB |