Dereitos e Deberes

DEREITOS E OBRIGAS

DEREITOS E DEBERES

     

 

Recoñécenselle ao alumnado os seguintes dereitos básicos de convivencia escolar, sen prexuízo dos establecidos nas leis orgánicas de educación:

a) A recibir unha formación integral e coeducativa que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade nun ambiente educativo de convivencia, liberdade e respecto mutuo.
b) A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais.
c) Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as
situacións de acoso escolar.
d) A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Administración  educativa, nos termos previstos no título IV desta lei.
e) A participar na confección das normas de convivencia e na resolución pacífica de conflitos e, en xeral, a participar na toma de decisións do centro en materia de convivencia.

 

 

 

Son deberes básicos de convivencia do alumnado:


a) Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou compañeiras
á educación.
b) Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.
c) Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdade de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa.
d) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente.
e) Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro.
f) Intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquilo que afecte a convivencia dos seus respectivos centros docentes.
g) Seguir as directrices do profesorado respecto da súa educación e aprendizaxe.
h) Asistir a clase con puntualidade e co material preciso.

 

 

Distribuir contido