Skip to Content

PERÍODO ORDINARIO ADMISIÓN ALUMNADO

29/02/2024 14:40

Estimadas familias:

 

O período ordinario de admisión para o novo alumnado (4º Educación infantil e alumnado que cambia de centro) será do 1 ao 20 de marzo. Adxuntamos o impreso (ED550B) e un manual de axuda para as familias. Tamén se pode descargar na páxina admisiónalumnado ou ben recollelo na secretaría do centro.

 

A solicitude de admisión poderá facerse de tres formas distintas:

 

Presentando o impreso ED550B cuberto a man ou a ordenador na secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar.

Presentando a solicitude creada  a través da aplicación admisiónalumnado no centro educativo solicitado en primeiro lugar.

Creando a solicitude na propia aplicación admisiónalumnado e presentada a través da Sede Electrónica (se se ten certificado dixital ou Chave 365)

 

Documentación requerida

  • Solicitude
  • Libro de Familia.
  • Alumnado con NEAE informe que o acredite. 
AnexoTamaño
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB
ED550B-G-20222023.pdf1.39 MB


event | by Dr. Radut