NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

Megáfono

Benqueridas familias: 

Ante as novas difundidas na prensa no día de onte, queremos lembrarvos que as únicas canles de comunicación oficial do colexio son a páxina web e a aplicación Abalarmóbil. 

As autoridades educativas xa están informadas sobre esta incidencia que en nada contribúe a xenerar un clima de tranquilidade e confianza entre a nosa Comunidade Escolar. 

Moitas grazas pola vosa comprensión e un saúdo. 

 

O Equipo Directivo

FIN DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Horario

 

 

Prezadas familias:

Os vosos fillos e fillas están a piques de rematar o período de adaptación á escola. Por iso, a partir do mércores 23 de setembro (incluído) xa deberán acudir ao centro no seu horario habitual.

  •  Entrada: de 8:50 a 9:00 horas
  • Saída: de 13:30 a 14:00 horas

 

Por favor, procurade non vir no último momento, na medida do posible, para evitar aglomeracións.

Moitas grazas pola vosa colaboración

 

NOVO BLOG: EQUIPO COVID

Novas de interese para toda a Comunidade Educativa

Distribuir contido