Skip to Content

Concerto didáctico

O venres, 28 de setembro, achégamonos ao colexio da Silva, en Lousame, para asistir a un fantástico concerto de Odaiko Percussion Group, organizado pola asosciación xuvenil Sons de Lousame. Durante máis dunha hora, os nosos nenos e nenas puideron disfrutar da escenificación do que foi a evolución da percusión dende a prehistoria ata os nosos días.

Mentres unha voz en off ía narrando o devir musical da historia, os protagonistas alternaron instrumentos de percusión tan dispares coma o propio corpo, djembés africanos, pupitres do colexio,  utensilios de uso cotiá como bolsas, cubos...e instrumentos máis modernos como tubos harmónicos ou marimbas. Todo isto acompañado de mímica, escenografía e participación activa dos cativos e cativas. Toda unha festa!! Aquí vos deixo o enlace da súa web para que poidades velos e, sobre todo, escoitalos:

http://www.odaiko.es/



page | by Dr. Radut