Skip to Content

Ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022

Informamos que, no Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Esta resolución recolle o seguinte:

1º- Aquel alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria ó que se lle concedeu a axuda por valor de 50€ (para a adquisición de material/fondo libros), ten dereito a un novo vale polo importe de 25€.

2- Non é preciso presentar unha nova solicitude para ser beneficiario desta axuda, ao tratarse dunha ampliciación da convocatoria anterior.

3- Este novo vale será recollido polas familias no centro educativo a partir do 17 de outubro do 2022 e debe facerse efectivo nas librarias antes do 1 de decembro do 2022. 


Para máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38234

Att. O Centro.



story | by Dr. Radut