Skip to Content

DISFRUTANDO CO TEATRO DA COMPAÑÍA FACE2FACE

Benvidos ao mundo dos contos en inglés! 

 

Desta volta, o venres día 1, a compañía Face2Face a través do conto “Jungle fever”, levou da man aos máis pequenos ata a selva, onde coñeceron as diferentes criaturas salvaxes que alí habitan e tamén os perigos que nos podemos atopar. Tanto é así, que todo o alumnado se tivo que armar de valor para cantarlle ao “rei da selva” un arrolo, e deste xeito, poder cear tranquilos mentras a “súa maxestade” durmía. 

Os máis grandiños mergulláronse na idade de pedra coa historia “The time machine” e acompañaron a unha muller cavernícola, nunha das súas saídas de caza, na que atopou un aparello que sen máis razón que ter chafallado nel, veuse transportada ao século XXI, unha época da que descoñecía ata como vestirse, e onde o alumnado a tivo que axudar para non morrer de espanto(nin de fame), ante toda a parafernalia que esta nova época despregaba. Botando de menos a tranquilidade da súa cova, e os saborosos miolos dos monos, decidiu despedirse e voltar á súa orixe.

O máis importante é que o alumnado, despois de facer unha viaxe coa mochila cargada de fantasía e vocabulario en inglés, participaron e sobre todo.....disfrutaron!

Grazas a todos e todas. Ata outra!

 

                        

 

 

 

  

 



story | by Dr. Radut