Skip to Content

MEDIACIÓN NO COLEXIO

O día 22 de maio comeza a funcionar neste centro o servizo de "Mediación escolar".

Está formado por un equipo voluntario de alumnos /as de 5º e 6º de primaria que se formaron como mediadores/as.

Por que nos decidimos pola mediación escolar?

Porque diferentes estudos demostran a súa eficacia para abordar de maneira colaborativa e pacífica numerosos conflitos que se producen no ámbito escolar.

Ten un enorme potencial educativo, tanto para o alumnado que forma parte do equipo de mediadores como para quen utiliza ao equipo para resolver os conflitos.

Promove un modelo de convivencia positivo baseado nos principios e os valores da cultura de Paz.

A mediación preséntase como unha vía de reparación voluntaria dos dos danos ocasionados, de reconcialiación entre os implicados, de aprendizaxe de novos comportamentos e de acción preventiva sobre o entorno no que xurdiu o conflito.

AdxuntoTamaño
TRIPTICO MEDIACION ESCOLAR.pdf479.15 KB
PRESENTACIÓN MEDIACIÓN.pdf7.22 MB


page | by Dr. Radut