Xa é un clásico neste centro, que Serafín Marcos, nos acerque, a través da súa parodia, a vida e obra do escritor ao que se dedica cada ano as Letras Galegas.
Así este curso, descubrimos a un Carlos Casares moi entrañable e un gran escritor que podemos descubrir a través das súas innumerables obras de narrativa.
O seu interés polos nenos/as levouno a escribir contos tan coñecidos como: "A galiña azul", As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", "O can Rin e o lobo Crispín"...
Se queredes coñecer máis sobre as súas obras e a súa vida, clicade nos enlaces.