Skip to Content

A LETRA "G" DE GAITA DA MAN DE MIGUEL GONZÁLEZ EX ALUMNO DESTE CENTRO

       

Partindo do tema central que se traballa este curso desde a biblioteca do centro "A cultura tradicional", os nenos/as de Educación Infantil están construíndo o abecedario tradicional; para isto pediuse colaboración ás familias e achegados para que con cada letra do abecedario lles mostrásemos aos alumnos/as algún aparello, instrumento, construción, oficio, afección..da nosa cultura. Para comezar decidimos facelo coa "G" de gaita, pois no Entroido esta etapa disfrázase de gaiteiros/as..e foi así como Miguel nos fixo pasar un intre ben divertido tocando a gaita, explícándonos o seu funcionamento, partes, e respondendo,a tódolas dúbidas que tiñan os nosos pequenos e pequenas. Grazas Miguel por vir a que foi a túa escola.



page | by Dr. Radut