Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Xullo 01, 2021
Start: 01/07/2021 12:23

 

No seguinte enlace podes descargar a listaxe de libros de texto para o curso 2021/2022.

 

Venres Xullo 02, 2021
Start: 02/07/2021 15:21

O programa Radio na Biblio comezou no curso 2017/2018, e coma en outras convocatorias da Asesoría de Bibliotecas, estamos participando dende a súa primeira edición.

Logo de adquirir os recursos técnicos para desenvolver a iniciativa, fomos mellorando a parte técnica ate dispoñer na Biblioteca dun espazo propio: o Laboratorio de Radio.

Unha das características máis salientables é a da financiación que ofrece anualmente para desenvolver obradoiros de Radio co alumnado.

Neste tempo converteuse nunha ferramenta valiosísima para promover a Alfabetización Mediática e Informacional dende o ámbito da Biblioteca Escolar, traballando dun xeito interdisciplinar e achegándonos ao currículo a través das competencias. 

Martes Xullo 27, 2021
Start: 27/07/2021 14:51

O CEIP A Lama entrou no Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia no ano 2009, e dende entón participa ininterrumpidamente no programa que anualmente convoca a Consellería de Educación dende a Dirección Xeral de Persoal e Centros.

Este Plan de Mellora foi un revulsivo para a nosa escola, que veu marcar un antes e un despois no noso xeito de entender moitos aspectos educativos: metodoloxía, xestión de recursos, creación de espazos de aprendizaxe, inclusión, multiples alfabetizacións...

Pasar a formar parte desta comunidade aportounos, ademais, unha chea de novas oportunidades, o acceso a outros programas derivados e moita formación no ámbito da adquisición das competencias ALFIN-AMI.

Start: 27/07/2021 17:26

O programa Biblioteca Creativa comezou no curso 2016/2017 como unha experiencia piloto e a denominación Proxecto Escornabots.

Tratábase de achegarse a novas linguaxes dende o ámbito da biblioteca escolar e introducir a robótica como elemento innovador.

Este programa foi pasando por distintas fases ate o actual formato. Na actualidade contamos con bastantes recursos, entre os que podemos destacar os dedicados a: impresión 3D, robótica, creación audiovisual, mellora das competencias matemática, lingüística e en ciencia e tecnoloxía...

Contamos ademais cun espazo propio, ao que denomimamos Laboratorio Creativo e de Radio ao estar vencellado aos dous programas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut