Skip to Content

BIBLIOTECA CREATIVA

27/07/2021 17:26
Europe/Madrid

O programa Biblioteca Creativa comezou no curso 2016/2017 como unha experiencia piloto e a denominación Proxecto Escornabots.

Tratábase de achegarse a novas linguaxes dende o ámbito da biblioteca escolar e introducir a robótica como elemento innovador.

Este programa foi pasando por distintas fases ate o actual formato. Na actualidade contamos con bastantes recursos, entre os que podemos destacar os dedicados a: impresión 3D, robótica, creación audiovisual, mellora das competencias matemática, lingüística e en ciencia e tecnoloxía...

Contamos ademais cun espazo propio, ao que denomimamos Laboratorio Creativo e de Radio ao estar vencellado aos dous programas.

 



event | by Dr. Radut