Skip to Content

VISITA A CONIC VASCULAR. DÍA DA NENA NA CIENCIA.

Por mor do día da nena na ciencia, o 11 de febreiro, o alumnado de 4º de Primaria visitou as instalacións de Conic Vascular, unha empresa que comercializa patentes innovadoras e exclusivas en todo o mundo  relacionadas coa fabricación de produtos de cardioloxía e radioloxía.

Foi todo un pracer conversar co seu presidente, Manuel Parente, con un trato exquisito co alumnado, igual que o resto do persoal que nos atendiu, que ademais son todas mulleres. Moitas grazas polas facilidades dadas para permitirnos visitar Conic Vascular e descubir que co traballo desenvolvido aquí, sálvanse moitas vidas. Grazas tamén ao Alcalde Blas García e a Concelleira de innovación e comercio, Ana Paz, por achegarse a saudar o alumnado.



page | by Dr. Radut