Skip to Content

Benvida

Quen é o CEE Pontevedra

O CEE PONTEVEDRA é un colexio público que atende as demandas de alumnos/as con necesidades educativas de atención específica por motivos de discapacidade, nun contorno próximo á cidade de Pontevedra, dentro do complexo da  Cidade Infantil Príncipe Felipe, con bos accesos e zonas verdes.

cole

Avda. Montecelo, 16 - 36161 Pontevedra

Tlfno: 886211185- 986804135 Ext. 41187/8

Fax: 986840855

Páxina web:http://www.edu.xunta.gal/centros/ceepontevedra

E-mail: cee.pontevedra@edu.xunta.es

Horario centro: 9:15 a 14:15 horas

 

O CEE PONTEVEDRA pretende ser un RECURSO ESCOLAR EXTRAORDINARIO onde traballamos cun criterio educativo de Centro Específico que se rixe polos principios de calidade, equidade, normalización, inclusión e non discriminación, flexibilidade, reversibilidade, orientación, esforzo compartido e autonomía. (LOE 2/2006, de 3 de maio Cap. I,).

AS NOSAS FINALIDADES SON:

  • Ser un centro con valores que cultiva a boa convivencia entre toda a comunidade educativa.
  • A formación integral do alumno, para adquirir as competencias que lle permitan o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional.
  • Ofrecer unha atención personalizada que desenvolva ao máximo as capacidades dos alumnos, a través de programas individualizados.
  • Optimizar os recursos persoais e materiais, tanto ordinarios como específicos.
  • Pór en práctica nas nosas dinámicas de traballo, programas de innovación e de acceso as novas tecnoloxías da comunicación.
  • A implicación das familias e titores legais  e axentes sociais no noso proxecto educativo.

OFERTA EDUCATIVA.

Escolarizamos nenos e nenas  entre 4 e 21 anos, de toda a provincia de Pontevedra, organizándonos pedagoxicamente en tres ciclos:

1º ciclo: de 4 a 11 anos.

2º ciclo: de 12 anos a 16 anos.

3º ciclo: de 17 a 21 anos.

As ensinanzas que desenvolvemos corresponden a:

Infantil e Primaria

Tránsito á vida adulta.  

 METODOLOXÍA DE TRABALLO:

A nosa forma de traballar é

  • Compensatoria e adecuada as necesidades individuais do alumno.
  • Dinámica, na que o alumno é protagonista das súas propias aprendizaxes.
  • Funcional mediante o desenvolvemento de varios obradoiros que favorecen a autonomía do rapaz.
  • Representativa da contorno social, para unha educación realista que favoreza a inclusión.

BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

Distribuir contido


by Dr. Radut