Skip to Content

Consellos ás familias para desenvolver a Linguaxe Oral. Curso 2012-2013

 AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Curso 2012-2013

CONSELLOS PARA AS FAMILIAS: estes son algúns consellos xerais e actividades que lle axudarán a facilitar o desenvolvemento da linguaxe do seu fillo/a/titorizado:

  

  • Comer correctamente axuda a pronunciar mellor. Morder e mastigar alimentos con diferentes texturas (froitas, pan de barra, galletas, ...)
  •  Fale co neno/a: Acompañe calquera cousa que faga con palabras, propicie que responda, esíxalle respostas cada vez máis elaboradas que un si/non, se é necesario ofrézalle un modelo para construir unha frase máis longa, fágalle preguntas con   Quen?, Onde?, Por qué? (No baño, nas comidas, cando saian de paseo, cando se viste ou desviste). Utilice situacións onde interveñan conceptos básicos relativos a: lugar, tamaño, cor, tempo (diante, detrás, arriba, abaixo, grande, pequeño, rápido, despacio, hoxe e mañá, etc.).  
  • Procuraremos que na conversa el/ela esté atento, centrado.
  • Ensíneo/a a seguir instruccións e ordes sinxelas
  • Cóntelle historias, contos, relatos... Utilizar varias veces o mesmo conto, provoca un coñecemento máis profundo do relato. Cando un neno ou nena pide que lle contemos/compartamos o mesmo conto unha e outra vez demostra que lle produce satisfacción emocional, dalle seguridade e proporciónalle placer e disfrute.
  • Vemos xuntos imaxes, películas, debuxos e pedímoslle ao neno ou nena que nos vaia contando el mesmo a historia. Nesta tarefa, estimularemos o proceso de construcción de frases cada vez máis estructuradas, explicando os porqués das accións que se  producen.  
  •  Utilizaremos a teatralización, cambios de tono, voces especiais, onomatopeias ( miau, guau, muuu, ...), imitación de movementos dalgún personaxe, .....  como recursos para que a experiencia sexa máis divertida e enriquecedora.
  • Afianzaremos o vocabulario do neno e da nena con todas as palabras novas que vaian xurdindo nas rutinas diarias. Articular despacio e claro, vocalizando ben, volume axeitado, contacto visual e con temas adecuados a súa idade.
  • É importante falar cunha velocidade normal, en caso de que se bloquee na articulación. Axudaralle practicar cancións, melodías, coplas, rimas.
  • Practique a conversa emocional; falen dos sentimentos.
  • Pouco a pouco, introducir temas máis abstractos, con pequenas reflexións.
  • Darlle os seus tempos persoais de descanso regular dentro das rutinas diarias.
  • Apoie a lectura de palabras, frases curtiñas...que vexamos en carteis, novas, anuncios, contos. Compartir un tempo breve e diario para a lectura.
  • Reforzar os seus logros por pequenos que estos sexan. Gañará en seguridade.

 

PONTEVEDRA  a 19 de decembro do 2012

Mestras de Audición e Linguaxe

 



page | by Dr. Radut