rodariGianni Rodari na súa obra “La escuela de la fantasía” 2003, editorial Popular, aporta unha clara e interesante reflexión acerca de cómo podemos contribuír a que os nenos detesten a lectura. Fai unha clasificación en nove apartados que sinalamos de seguido.

  1. Presentar o libro como unha alternativa á televisión.

Le, en lugar de mirar o televisor”, “se non te vexo ler, vendo o televisor”, “colle o libro da escola, en lugar de perder o tempo coa televisión” Os nenos encontran divertida a televisión, enriquece o seu punto de vista, axúdalles a aumentar o seu léxico, inserta aos nenos nun círculo máis amplo que o familiar. E especialmente, non é o mellor modo de inclinar aos nenos cara a lectura negando unha diversión, unha ocupación que para eles é placenteira.

  1. Presentar o libro como unha alternativa á historieta.

Suspenso en lingua, eh?. Desde mañá, acabáronse as historietas” Prohibir, neste caso, non vale de nada. A historieta é manexable, económica, intercambiable…é diferente á lectura, pero os nenos non necesitan soamente boas obras. Ademais, ler historietas é máis difícil, a non ser que se teña unha boa práctica. Non hai unha relación de causa efecto entre a pasión polas historietas e a ausencia de interese pola boa lectura.

  1. Dicirlles aos nenos de hoxe que os nenos doutra época lían máis.

Con frecuencia os adultos tendemos a alagar o tempo de cando eramos nenos, idealizando aquela época. Non se lles pode pedir aos nenos que amen o pasado, un pasado que non é o seu e cando se está a identificar os libros co pasado de outros estase a crear un motivo máis para manter aos nenos lonxe dos libros en canto teñan oportunidade.

  1. Considerar que os nenos teñen demasiadas distracións.

Un dos problemas da infancia ten que ver co que chamamos tempo libre. Se este tempo non está organizado é un tempo baleiro. Pódese dicir que máis distración e máis libros, pero isto non depende da calidade das distracións, dependerá do lugar que o libro ocupe na vida do país, da sociedade, da familia e da escola.rodari2

  1. Botarlle a culpa aos nenos se non aman a lectura.

Isto non serve máis que para tapar as culpas propias. Recoñecemos que os nenos len pouco. Se analizamos as causas vemos como hai moitos casas nas que non entra un libro, graduados universitarios se biblioteca. Hai moitos pais que non len absolutamente nada a diario e despois sorpréndense de que os seus fillos fagan o mesmo ca eles.

  1. Transformar o libro nun instrumento de tortura.

Coa elaboración de resumos, de obrigarlle a aprender de memoria, de describir as ilustracións do libro vanse engadindo dificultades á lectura en lugar de facilitala. Fan que o libro de lectura deixe de ser divertido, deixe de interesar, de conmover.
O libro que entra na escola como un esquema de rendemento escolar, non se converte en algo fermoso, senón en algo que serve ao mestre para expresar un xuízo.

  1. Negarse a lerlle ao neno.

A voz da nai, do pai, do mestre, desempeñan unha función primordial. Cántos teñen paciencia para lerlle fábulas, contos aos pequenos? Necesítase paciencia, habilidade, hai que ler con expresión, facer intelixible o léxico e as expresións…

  1. Non ofrecer unha opción suficiente.

Da mesma maneira que a nós nos gusta escoller os libros que lemos, temos que ofrecerlle aos nenos unha opción ampla. Ter vinte libros e mellor cá un, pois poden suscitar opcións diferentes, satisfacer curiosidades distintas.

  1. Ordenar ler

Se o que pretendemos é que os nenos empecen a odiar os libros non hai cousa máis eficaz que obrigalos á ler, pedíndolles que despois terán que facer un resumo do que leron.

Do mesmo xeito que a unha árbore non se lle pode obrigar a florecer a non ser que sexa a súa estación, tampouco se pode crear gusto pola lectura se obrigamos aos nenos a ler.

O que temos é que crear as condicións para que os nenos lean. O amor á lectura non é unha técnica é algo moito máis interior vinculado á vida.


Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56