A Galicia industrial como proxecto intercentros / PAZ FREIRE e MARIA JOSÉ MARTÍNEZ e BELÉN BUÑO

O proxecto sobre a Galicia Industrial ten xa tres cursos de percorrido; é un proxecto intercentros que emprega as TIC como ferramenta fundamental de comunicación, para elaborar e para divulgar materiais. O proxecto contempla actividades de varias materias (linguas, historia, ciencias, tecnoloxía, tecnoloxía industrial, informática, TIC...) e por e para diferentes niveis educativos (secundaria e bacharelato). Somos profesoras de Tecnoloxía; pretendemos dar a coñecer e poñer en valor a tecnoloxía que nos rodea (coñecementos, oficios, ferramentas, evolución, patrimonio...). Estamos a investigar co noso alumnado a contorna industrial máis próxima. No curso 2012-13 a Fundación Barrié seleccionou a primeira fase do noso proxecto intercentros ("Sobre Galicia Industrial" ) para subvencionalo e desenvolvelo partimos de materiais (documentais, fotos, bibliografía) da exposición Galicia Industrial (Fundación Barrié 2005). A segunda fase do proxecto, "Aplicacións didácticas da Galicia Industrial", foi seleccionado na convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística no curso académico 2014-2015. En 2014 participamos en InGenious (programa europeo) e unha das nosas actividades foi finalista nun dos concursos.



Temática:

Traballo por proxectos, aprendizaxe colaborativa, tecnoloxía, industria, TIC.

Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Secundaria, Bacharelato.

ACCESO AOS MATERIAIS
SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS