Sala aberta
Acceso libre ata completar aforo (depende da sala pero nunca superior a 40 prazas).
OS DEREITOS DE AUTOR E LICENZAS DE USO
Puntos de partida:
• Temos en conta as licenzas de uso e dereitos de autor da multimedia que empregas nos traballos de aula?
• Licenciades os vosos traballos?
• Que tipo de licenza empregades?
• Usades o dereito de cita? Sabedes en que casos podedes acollervos a este dereito e en cales non?
Moderador: AGUSTÍN CARRACEDO

AS REDES SOCIAIS NA EDUCACIÓN
Puntos de partida:
• As redes sociais poden contribuír de forma efectiva a un cambio metodolóxico?
• As redes sociais: aliadas o ameaza?
• Seguridade na rede: perigos, políticas de privacidade...
• Que idade sería a idónea para traballar con este tipo de espazos virtuais? Respectamos a idade legal que permite o seu uso?
• Está o profesorado preparado para o que precisa neste contexto tecnolóxico?
Moderador: @hematocritico (MIGUEL A. LÓPEZ)

DESAFÍOS TIC PARA UN CAMBIO EDUCATIVO
Puntos de partida:
• O estudante como protagonista ou como receptor/asimilador de contidos
• Responde actualmente a escola aos desafíos que demanda a sociedade?
• Aplicas na aula algunha das novas metodoloxías TIC: Clase invertida, aprendizaxe colaborativa, aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), ludificación, aprendizaxe móbil...?
• Que problemas organizativos presenta a aplicación destas novas tecnoloxías?
Moderador: CÉSAR POYATOS

A FORMACIÓN EN TIC. ESTÁ Á ALTURA?
Puntos de partida:
• Que modalidade prefires: formación en rede, presencial, mixta, autoformación, formación entre iguais...?
• Os itinerarios actuais de competencia dixital docente. Son precisos? Eivas e acertos.
• Que temáticas botas en falta na oferta formativa en TIC?
• Posúen os docentes formación en TIC suficiente cando rematan os seus estudos universitarios?
• É necesaria a formación en TIC ou mellor unha formación en TAC?
Moderador: PABLO NIMO

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E UNIVERSO DIXITAL
Puntos de partida:
• Comunicación alternativa e aumentativa. Tablets, comunicadores e Miracast
• Accesibilidade, usabilidade e sinalética: aínda no quilómetro 0.
• Adaptar contidos e recursos: algo máis que cambiar a soporte dixital.
• O ensino inclusivo: un cambio de chip que non da chegado.
• Inclusión emocional: organizar persoas, espazos e tempos fóra da aula.
Moderador: JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ