As Barxas Emprende: Produtora Audiovisual / LUZ BELOSO e MARIA JOSÉ SOTO

A creación dunha produtora audiovisual no IES AS BARXAS enmárcase dentro do proxecto educativo "As Barxas Emprende", uha actividade interdisciplinar e creativa que pretende fomentar a cultura emprendedora na ESO como unha actitude xeral ante a vida. Mediante unha aprendizaxe transversal, significativa, interdisciplinar (10 departamentos didácticos) e práctica, pretendía introducir as TIC na aula como fonte de motivación do traballo diario e dinamizar o centro mediante a creación dunha canle de TV na que os alumnos utilicen novas tecnoloxías e poñan en valor as súas materias curriculares. A Produtora Audiovisual As Barxas Emprende está especializada en programas realizados totalmente por alumnos, nos que poidan expresar a súa visión sobre o mundo no que viven, elaborando:
• Vídeo-recursos: pasos para a creación da empresa, proceso de creación dun proxecto audiovisual, recursos e programas audiovisuais, consellos de edición de vídeo etc.
• Vídeo-formatos: informativos, vídeo-poemas, vídeo-problemas, titoriais, anuncios, animacións, curtametraxes, mediometraxes, motion graphics.


Ligazóns:

Blog do proxecto

Web educaBarrié



Temática:

Traballo por proxectos, aprendizaxe cooperativa, emprendemento, creatividade, utilización das TIC, linguaxe audiovisual.

Para que niveis educativos é interesante ou aplicable esta experiencia?

Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato, outros.

ACCESO AOS MATERIAIS
SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS