Esquema de temas

  • Xeral

    • Tema 1

      bloque1
      • Tema 6

        MATERIAIS E RECURSOS
        MATERIAIS E RECURSOS. 1ª SESIÓN
      • Tema 7

        MATERIAIS E RECURSOS
        MATERIAIS E RECURSOS. 2ª e 3ª SESIÓNS
      • Tema 9

        MATERIAIS E RECURSOS. 5ª SESIÓN

        MATERIAIS E RECURSOS. 5ª SESIÓN


        Nesta sesión comezaremos por realizar unha descrición xeral de tres ferramentas de creación de actividades interactivas: Hotpotatoes, Ardora e EdiLim.

        Para un primeiro achegamento rápido a Hotpotatoes podedes consultar o ficheiro anexo chamado Guía_Hotpotatoes, que tamén inclúe ligazóns a exemplos. Sobre as outras dúas aplicacións atoparedes información e mostras nas súas páxinas web: http://webardora.net e http://www.educalim.com.

        Veremos logo máis exemplos de aplicación e combinación destas ferramentas, compararemos as prestacións de cada unha delas e realizaremos unha práctica, que consistirá na elaboración da unidade didáctica que se detalla deseguido:

        Unidade de revisión e ampliación de contidos do 1º trimestre

        Nivel: 1º de ESO. Temporalización: 3 – 4 sesións

        Obxectivos

        1. Ler textos instrutivos e realizar as tarefas propostas de xeito autónomo.

        2. Comprender e distinguir textos de diversa tipoloxía en diferentes soportes.

        3. Localizar información concreta en textos diversos e utilizar novas fontes de información para ampliar o coñecemento propio.

        4. Coñecer o manexo dun dicionario eléctronico para consultar as palabras descoñecidas.

        5. Ampliar o vocabulario e ser capaz de reutilizalo en novas producións.

        6. Recoñecer as sílabas das palabras e identificar a sílaba tónica, os hiatos, os ditongos e os tritongos.

        7. Identificar os verbos, substantivos, adxectivos e determinantes e empregalos respectando a súa flexión e concordancia.

        8. Coñecer e aplicar as regras xerais de acentuación e os signos de puntuación básicos.

        9. Apreciar a riqueza que supón a diversidade lingüística mundial.

        10. Ampliar a autonomía no manexo das TIC para mellorar a aprendizaxe e ampliar coñecementos.

        Contidos

        1. Lectura atenta e comprensión de instrucións para realizar tarefas concretas

        2. Comprensión de textos de diversos formatos, soportes e procedencia e extracción de información relevante

        3. Distinción entre textos literarios e non literarios. Os xénero literarios

        4. Identificación dos elementos do texto narrativo, o texto instrutivo e a banda deseñada

        5. Recoñecemento dos elementos da comunicación

        6. Identificación de verbos, substantivos e adxectivos e coñecemento do súas variacións en xénero e número.

        7. Identificación dos determinantes

        8. Coñecemento do abecedario e da orde alfabética

        9. Distinción das sílabas e identificación da sílaba tónica, así como de ditongos, hiatos e tritongos

        10. Coñecemento e aplicación das regras xerais de acentuación

        11. Valoración da diversidade lingüística mundial

        12. Coñecemento do léxico relacionado co instituto, os deportes e as profesións e oficios

        Prácticas despois do curso

        Para que poidades practicar pola vosa conta déixovos as carpetas completas cos materiais de Hotpotatoes (hotpotatoes completo.zip) e Ardora (ardora completo.zip). Cada unha delas contén un arquivo chamado "Instrucións para as actividades..." que convén que leades antes de comezar.

        Tamén inclúo a comparativa que vimos das tres ferramentas (Hotpotatoes, Ardora e EdiLim) por se vos pode ser de axuda.

      • Tema 10

        MATERIAIS E RECURSOS 6ª SESIÓN
        MATERIAIS E RECURSOS. 6ª SESIÓN
      • Tema 11


        MATERIAIS E RECURSOS. 7ª SESIÓN
      • Tema 13

        • Tema 14

          • Tema 15