Inicio

CURSO 2023/2024

14/09/2023

Dende hoxe está dispoñible na aplicación a posibilidade de consultar os horarios dos centros en XADE. Para ver eses horarios , simplemente hai que premer o botón "Ver horarios xade" na pantalla do centro debaixo da sección de horarios actual.
Os datos que se amosan son os introducidos polo centro na aplicación XADE, recomendamos encarecidamente que se revisen esos datos nos centros, para non amosar información incorrecta que poida levar a equívocos.

 

Se procede ao cambio de curso. Ata o día 20 de xuño non se poderán copiar/engadir ao alumnado nos servizos/paradas.

 

 

[Amosar novas de anos anteriores] [Ocultar novas de anos anteriores]

CURSO 2022/2023

10/19/2022 Nas rutas integradas, as solicitudes de incremento de prazas sobre as dispoñibles en cada caso, para poder cargar na aplicación alumnado con dereito a transporte, solicitaranse polos centros educativos á Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade correspondente.

 

CURSO 2021/2022

18/02/2022 Actualizáronse os servizos de Mobilidade

04/02/2022 Se habilita a asignación de alumnos nas rutas de Mobilidade.

15/10/2021 Se amosan na aplicación os contratos que estarán vixentes a partir de decembro

  • Ata esa data non se poden asignar alumnos a estes servizos.
  • Os datos son provisionais e poderían xurdir cambios.
  • Esta versión reproduce a información contida nos ficheiros excel que xa lles foran remitidos.
  • Se detecta erros ou omisións en paradas e servizos avise á súa correspondente delegación provincial de Educación, no caso de que aínda non llo comunicase.

Aviso: Nos servizos xestionados por Mobilidade non se pode asignar alumnado que sexa usuario excepcional

13/07/2021 Xa se pode asignar alumnado ás paradas.

CURSO 2020/2021

Aviso: Neste curso 2020/2021 non será posible copiar os alumnos do ano anterior nos servizos de transporte integrados por mor dos cambios nos contratos (os servizos xestionados por Educación non están afectados).

17/07/2020 Os servizos de transporte integrados están dispoñibles na aplicación.
08/07/2020 Dende o mércores 8 de xullo estará aberta a aplicación para poder copiar ou engadir novos alumnos nos servizos para o curso 2020/2021.

CURSO 18/19

As rutas dos contratos integrados, xestionados pola Consellería CMATI, non estarán cargadas na aplicación ata setembro, e polo tanto non se poderán asignar alumnos ás súas paradas ata esas datas.

------------------------------------------------

 

 

Recórdase ás direccións dos centros que desde o menú "Utilidades>Delegación de permisos" poden dar permisos a outros usuarios do centro para acceder á aplicación coas súas mesmas atribucións.

 

03/10/2012> Engadiuse un novo "check" "Usuarios excepcionais (necesita autorización)" para permitir recoller na aplicación ao alumnado usuario de esta modalidade de transporte. Máis información na pantalla de "Asignación de paradas"

03/10/2012>Xa é posible asignar paradas a alumnado matriculado en ensinanzas non lexítimas (sen dereito a transporte escolar).

18/09/2012> Engadiuse un novo "check" "Perceptor de axuda individualizada" para permitir recoller na aplicación ao alumnado usuario de esta modalidade de transporte.

18/09/2012> Realizada a segunda e última copia de usuarios desde a convocatoria pasada á actual. Se algún alumno con parada asignada no curso anterior non figura de alta neste curso deberá ser asignado de novo.

CONVOCATORIA 2012/2013 ACTIVADA. Xa é posible asignar paradas no curso 2012/13. Foron trasladadas a este curso as asignacións alumno/parada do curso anterior, sempre que o alumno puidera seguir utilizando o mesmo servizo. Téñase en conta que un servizo pode non estar habilitado para todas as ensinanzas do centro, polo que non sería posible manter a asignación alumno/parada se o alumno cambia de etapa educativa.

O alumnado matriculado en Xade estará visible na aplicación ao día seguinte.

O menú "Utilidades>Cambiar convocatoria" permite situarse en convocatorias distintas á actual.

21/03/2012> Engadiuse un novo "check" "Modalidade C" para permitir recoller na aplicación ao alumnado usuario de esta modalidade de transporte.

21/03/2012> Eliminouse o "check" "Usuario renuncia ao servizo" utilizado como causa válida para xustificar a gratuidade de uso do servizo de comedor. A normativa indica que a causa de gratuidade total é "ser usuario do servizo de transporte escolar"

13/12/2011> A partir da vindeira semana será posible asignar paradas ao alumnado de PCPI con dereito a usar o servizo de transporte escolar (alumnado  con 16 ou menos anos a data 31 de decembro do ano de inicio do curso). Se no seu centro existe alumnado destas caracteristicas  non debe pechar os servizos ata telo rexistrado na aplicación.

09/12/2011> NOVA FUNCIONALIDADE (Alumnos transporte>Pechar servizos). Xa é posible indicar que se rematou coa introdución de datos desde o centro. O centro terá que realizar este proceso antes da data indicada por cada servizo territorial. O cometido dos centros remata coa introdución dos datos na aplicación. Non hai que enviar nada ao servizo territorial. Para máis información consulte o manual actualizado "Manual de uso para o centro" dispoñible desde o menú de Axuda.

09/12/2011> NOVO INFORME: Engadido novo informe "TR003-Paradas por alumnos".

16/11/2011 > A partir de hoxe, desde o portal Espazo Abalar, os responsables do alumnado poden consultar os datos que, sobre os seus fillos,  figuren na aplicación de transporte escolar.

02/11/2011 > No proceso de introdución de paradas, cando o alumno faga uso de enlaces, só se terá en conta como parada do alumno aquela que estea máis próxima ao centro, debendo considerarse o resto como enlaces. Teña presente que a aplicación non permite buscar enlaces se antes non se introduce a parada e que os enlaces non poden buscarse desde o campo parada.

11/10/2011 > Unha vindeira mellora permitiralle ao director/a do centro  habilitar a outras persoas para utilizar a aplicación.

30/09/2011 > É importante que actualice o seu navegador á ultima versión posible. Detectáronse problemas na utilización da aplicación con versións moi antigas do navegador Firefox.

 

IMPORTANTE:

  • Lémbrase que as incidencias relacionadas coas paradas (erro ou omisión) serán atendidas dende o servizo territorial correspondente:
    • A Coruña 981 184 739
    • Lugo 982 294 186
    • Ourense  988 386 648
    • Pontevedra  986 805 951
  • As consultas sobre incidencias relacionadas co funcionamento e uso da aplicación deberán ser dirixidas á UAC  a través do teléfono 881 99 77 01. Nos servizos territoriais non atenderán incidencias de este tipo.