Inicio
CURSO 2021/2022
18/02/2022 Actualizáronse os servizos de Mobilidade
04/02/2022 Se habilita a asignación de alumnos nas rutas de Mobilidade.
15/10/2021 Se amosan na aplicación os contratos que estarán vixentes a partir de decembro
- Ata esa data non se poden asignar alumnos a estes servizos.
- Os datos son provisionais e poderían xurdir cambios.
- Esta versión reproduce a información contida nos ficheiros excel que xa lles foran remitidos.
- Se detecta erros ou omisións en paradas e servizos avise á súa correspondente delegación provincial de Educación, no caso de que aínda non llo comunicase.
Aviso: Nos servizos xestionados por Mobilidade non se pode asignar alumnado que sexa usuario excepcional
13/07/2021 Xa se pode asignar alumnado ás paradas.
CURSO 2020/2021
Aviso: Neste curso 2020/2021 non será posible copiar os alumnos do ano anterior nos servizos de transporte integrados por mor dos cambios nos contratos (os servizos xestionados por Educación non están afectados).
17/07/2020 Os servizos de transporte integrados están dispoñibles na aplicación.
08/07/2020 Dende o mércores 8 de xullo estará aberta a aplicación para poder copiar ou engadir novos alumnos nos servizos para o curso 2020/2021.
CURSO 18/19
As rutas dos contratos integrados, xestionados pola Consellería CMATI, non estarán cargadas na aplicación ata setembro, e polo tanto non se poderán asignar alumnos ás súas paradas ata esas datas.
------------------------------------------------
Recórdase ás direccións dos centros que desde o menú "Utilidades>Delegación de permisos" poden dar permisos a outros usuarios do centro para acceder á aplicación coas súas mesmas atribucións.
03/10/2012> Engadiuse un novo "check" "Usuarios excepcionais (necesita autorización)" para permitir recoller na aplicación ao alumnado usuario de esta modalidade de transporte. Máis información na pantalla de "Asignación de paradas"
03/10/2012>Xa é posible asignar paradas a alumnado matriculado en ensinanzas non lexítimas (sen dereito a transporte escolar).
18/09/2012> Engadiuse un novo "check" "Perceptor de axuda individualizada" para permitir recoller na aplicación ao alumnado usuario de esta modalidade de transporte.
18/09/2012> Realizada a segunda e última copia de usuarios desde a convocatoria pasada á actual. Se algún alumno con parada asignada no curso anterior non figura de alta neste curso deberá ser asignado de novo.
CONVOCATORIA 2012/2013 ACTIVADA. Xa é posible asignar paradas no curso 2012/13. Foron trasladadas a este curso as asignacións alumno/parada do curso anterior, sempre que o alumno puidera seguir utilizando o mesmo servizo. Téñase en conta que un servizo pode non estar habilitado para todas as ensinanzas do centro, polo que non sería posible manter a asignación alumno/parada se o alumno cambia de etapa educativa.
O alumnado matriculado en Xade estará visible na aplicación ao día seguinte.
O menú "Utilidades>Cambiar convocatoria" permite situarse en convocatorias distintas á actual.
21/03/2012> Engadiuse un novo "check" "Modalidade C" para permitir recoller na aplicación ao alumnado usuario de esta modalidade de transporte.
21/03/2012> Eliminouse o "check" "Usuario renuncia ao servizo" utilizado como causa válida para xustificar a gratuidade de uso do servizo de comedor. A normativa indica que a causa de gratuidade total é "ser usuario do servizo de transporte escolar"
13/12/2011> A partir da vindeira semana será posible asignar paradas ao alumnado de PCPI con dereito a usar o servizo de transporte escolar (alumnado con 16 ou menos anos a data 31 de decembro do ano de inicio do curso). Se no seu centro existe alumnado destas caracteristicas non debe pechar os servizos ata telo rexistrado na aplicación.
09/12/2011> NOVA FUNCIONALIDADE (Alumnos transporte>Pechar servizos). Xa é posible indicar que se rematou coa introdución de datos desde o centro. O centro terá que realizar este proceso antes da data indicada por cada servizo territorial. O cometido dos centros remata coa introdución dos datos na aplicación. Non hai que enviar nada ao servizo territorial. Para máis información consulte o manual actualizado "Manual de uso para o centro" dispoñible desde o menú de Axuda.
09/12/2011> NOVO INFORME: Engadido novo informe "TR003-Paradas por alumnos".
16/11/2011 > A partir de hoxe, desde o portal Espazo Abalar, os responsables do alumnado poden consultar os datos que, sobre os seus fillos, figuren na aplicación de transporte escolar.
02/11/2011 > No proceso de introdución de paradas, cando o alumno faga uso de enlaces, só se terá en conta como parada do alumno aquela que estea máis próxima ao centro, debendo considerarse o resto como enlaces. Teña presente que a aplicación non permite buscar enlaces se antes non se introduce a parada e que os enlaces non poden buscarse desde o campo parada.
11/10/2011 > Unha vindeira mellora permitiralle ao director/a do centro habilitar a outras persoas para utilizar a aplicación.
30/09/2011 > É importante que actualice o seu navegador á ultima versión posible. Detectáronse problemas na utilización da aplicación con versións moi antigas do navegador Firefox.
IMPORTANTE:
- A aplicación non permite engadir unha parada con servizo ordinario á saída da mañá ou á entrada da tarde cando o centro ten, para ese día, horario de mañá e tarde. Nestes casos o servizo terá que ser de mediodía.
- Lémbrase que as incidencias relacionadas coas paradas (erro ou omisión) serán atendidas dende o servizo territorial correspondente:
- A Coruña 981 184 739
- Lugo 982 294 186
- Ourense 988 386 648
- Pontevedra 986 805 951
- As consultas sobre incidencias relacionadas co funcionamento e uso da aplicación deberán ser dirixidas á UAC a través do teléfono 881 99 77 01. Nos servizos territoriais non atenderán incidencias de este tipo.