Inicio

Este é un servizo web que permite realizar tarefas de elaboración, seguimento e supervisión das programacións dos módulos profesionais das ensinanzas de formación profesional.

 

Contidos dos módulos dos grado D

Segundo a disposición quinta da resolución do 10 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024/25, os contidos dos módulos profesionais son os que figuran na aplicación informática de programacións.

No seguinte documento figuran os contidos actualizados daqueles títulos que foron publicados no BOE antes do ano 2019 e que simultaneamente ofértanse durante o curso académico 2024-2025 no primeiro curso da oferta ordinaria dos ciclos formativos derivados da Lei 3/2022 (grados D).

O profesorado poderá substituír ou incorporar estes contidos nas programacións didácticas de cada módulo profesional. Para iso, no apartado 3.b (Relacionar RA, CA, BC e contidos coas UD) pódense engadir contidos novos, así como modificar ou eliminar os contidos. No caso de non querer utilizar algún contido bastará con non asignalo a ningunha unidade didáctica, sendo necesario engadir unha Nota (última columna) indicándoo.

 

Novidades. Curso 2024-2025

1.       No listado das programacións que pode visualizar cada docente, para cada programación inclúese o código do ciclo e do módulo correspondente. Obsérvese que os códigos novos (primeiros cursos da LOOIFP) teñen 12 caracteres, mentres que os antigos (segundos cursos) teñen 7 caracteres.

2.       Ao crear unha nova versión da  programación informarase da Ensinanza á que pertence (Grao D para os ciclos formativos e Grao E para os cursos de especialización).

3.       Como consecuencia da implantación de LOOIFP, naqueles módulos nos que se modificou o número de horas, mostrarase un aviso informando ao docente da necesidade de modificar as horas asignadas ás unidades didácticas e actividades para que se axusten á nova duración do módulo. Para pechar a programación, é preciso que a suma das horas asignadas ás unidades didácticas coincida coa duración do módulo para que o docente poida pechar a programación.

 

Manual de elaboración de programacións. 

Nas seguintes ligazóns pode acceder ao  "Manual de elaboración de programacións dos módulos profesionais LOE a través da aplicación informática" (actualizado, novembro 2019).

Acceso directo por capítulos:

Acceso ao manual completo: