Gallego

Caderno de actividades de Linguas Cooficiais para o Primeiro Trimestre do Curso 2024 - 2025

Summary: 

Linguas cooficiais
Gallego

S2401093 - Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz. Foniatría e ortofonía

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Datos importantes:

    • Datas:
      • outubro (24),
      • novembro (7-14-21-28) e
      • decembro (5-12).
    • Horario: de 17:00 a 20:00H.
    • Lugar: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela
    • Relator: Pablo García Ferradas
    • Código en fprofe: S2401093

     

     

     

     

     

     

    - o O o -

    S2401068 Lingua de signos. Curso básico

    Nunha sociedade cada vez máis diversa as persoas con discapacidade auditiva de distinto tipo e grao representan o 8% da poboación Aínda que moitas persoas da comunidade xorda utilizan a lingua oral outras moitas empregan a Lingua de Signos. A tendencia cada vez máis inclusiva da sociedade nos diferentes ámbitos: educativo, sanitario e social fai case obrigatoria a existencia de máis profesionais que coñezan a Lingua de Signos.

    Co curso de Lingua de Signos. Curso básico iniciaraste na lingua de signos e adquirirás os coñecementos necesarios que che permitirán comunicarche coas persoas xordas. Traballarás tanto a comprensión como a expresión alcanzando o coñecemento do vocabulario de uso cotián e o coñecemento da estrutura gramatical básica.

    Datos importantes:

    • Datas:
      • Setembro (25, mércores)
      • Outubro (2-9-16-23, mércores)
      • Novembro (6-13, mércores
    • Relatora:  Alba Tamara Puentes García
    • Horario: de 17:00 a 20:00h.
    • Código en  fprofe:  S2401068
    • Lugar: CAFI - Santiago de Compostela, Aula 11
    S2401093 - Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz. Foniatría e ortofonía
    S2401068 Lingua de signos. Curso básico

    CURSO 2020 - 2021 - Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)

    Gallego

     

    Os Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC), están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.

     

    Os CALC organízaos a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, ofértanse a través do CAFI e dos Centros de Formación e Recursos e son impartidos por profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado, ao longo de todo o curso para a superación das probas de certificación das EEOOII, en inglés e francés, nos niveis básico (A2), intermedio (B1) e avanzado (B2). As persoas asistentes recibirán un certificado polas 120 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.

    Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. Así, para matricularse no B1, o participante deberá acreditar que posúe o nivel A2 no idioma, e no caso do B2 deberá acreditar que posúe o B1, co obxecto de desenvolver os contidos de cada curso dun xeito homoxéneo. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel no mes de setembro no CAFI ou CFR correspondente, para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.

    Os cursos CALC que se desenvolven na área do CAFI son os seguintes:

     

    Zona de Ribeira

              - S2001088 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                                (mércores e xoves de 18:00 a 20:00h)

    - Zona de Santiago de Compostela

              - S2001091 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel B2

                                (luns e xoves de 18:00 a 20:00h)

              - S2001090 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                                (luns e xoves de 16:30 a 18:30h)

              - S2001089 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                                (mércores e venres de 16:30 a 18:30h)

     

     

     

     

    Saúdo a navegantes para o curso 2025 - 2026

    Gallego

     
    O espazo da Asesoría de Linguas dálles a benvida a todas as persoas interesadas na competencia comunicativa.

     
    Aproveitemos as posibilidades que ofrece unha formulación integradora, que programa simultaneamente as aprendizaxes lingüísticas e non lingüísticas. O noso ámbito de traballo é común ás linguas cooficiais e estranxeiras, sen esquecer outros máis específicos, así como todo o concernente aos diversos recursos didácticos da sociedade actual.

     
    Queremos que este espazo sexa un lugar aberto, onde poder recibir suxestións e atopar actividades formativas, recursos, experiencias, materiais e novas.
     
    
Enviádenos propostas de actividades que teñades feitas e queirades compartir en modalidades de formación. Non dubidedes en nos achegar suxestións formativas, para o departamento e para a web, e así poder crear entre todos/as unha escola de calidade.