
O Goberno galego está traballando un plan galego de fomento da actividade física e contra o sedentarismo que terá un horizonte de acción para os vindeiros catro anos.
O plan quere promover o hábito da práctica regular de actividade física, consciente da importancia desta na infancia, principalmente no ámbito educativo e familiar. Por iso incide no traballo no ámbito educativo e no estímulo ás familias para lograr a adquisición de hábitos saudables entre os máis pequenos, así como na concepción do exercicio físico como unha ferramenta de saúde.

Preme na imaxe para acceder ao portal "Galicia saudable"
A través do Plan Proxecta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa búscase a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas, neste caso pola Secretaria Xeral para o Deporte; así, propóñense tres programas relacionados coa Educación Física:
Este programa ten como finalidade desenvolver o Proxecto Deportivo de Centro. O seu principal obxectivo é adoptar medidas para que todo o alumnado galego teña acceso a unha práctica de actividade física de calidade, dando oportunidade de adoptar un estilo de vida activo que favoreza a súa saúde.
Este programa interdepartamental vai dirixido ao profesorado de Coñecemento do Medio e de Educación Física, ten carácter voluntario e supón o desenvolvemento dos contidos comúns entre ambas áreas empregando como ferramenta de traballo a actividade física e o movemento.
O programa Xogade pretende que a actividade física chegue a ser un hábito na nosa poboación e por iso é clave a súa práctica desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.