Maletas viaxeiras
Enviado por portalcafi a Xov, 01/09/2011 - 10:42
Gallego

No CAFI temos centralizadas 3 MALETAS VIAXEIRAS á disposición das bibliotecas escolares:
- 1 maleta de POESÍA destinada fundamentalmente a PRIMARIA (CEIP ou CPI): acceder ao PDF
- 1 maleta con documentación específica sobre lectura e bibliotecas, para información e formación do profesorado. acceder ao PDF
- 1 maleta de Banda Deseñada que contén unha selección de cómic e novela gráfica. Destinada aos centros de ensino secundario. Acceder ao PDF
Os centros interesados terían que facer unha solicitude, cubrir un impreso e encargarse de recoller e devolver a maleta. A experiencia do curso pasado foi moi positiva. Esperamos que neste sigan viaxando para lles tirar o mellor proveito posible.