Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Cultura e Educación participa na inauguración da nova biblioteca escolar do CEIP Felipe de Castro de Noia

A Consellería de Cultura e Educación participa na inauguración da nova biblioteca escolar do CEIP Felipe de Castro de Noia [1]

O director xeral de Centros e Recursos Humanos compartiu coa comunidade escolar esta celebración

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe na inauguración da nova biblioteca escolar do CEIP Felipe de Castro (Noia), un centro que está integrado desde o curso 2011/2012 no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares do departamento educativo da Xunta de Galicia. De feito, ao abeiro do PLAMBE e de outras iniciativas enmarcadas no Plan LÍA 2012/2015 de bibliotecas escolares para a lectura, a información e a aprendizaxe, o colexio ten avanzado de forma considerable nas actividades desenvolvidas arredor da biblioteca, un traballo que foi compensado pola Consellería cunha achega total de máis de 22.800 euros nos últimos anos.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, compartiu esta celebración coa comunidade educativa do centro, no que estudan máis de 400 alumnas e alumnos. Neste contexto, o representante da Consellería felicitou ao colexio polo seu bo facer á hora de dinamizar a biblioteca escolar con diferentes iniciativas de animación á lectura, así como por impulsar o seu uso como complemento aos contidos curriculares de cada materia e para a alfabetización informacional dos máis novos.

Programas punteiros

Ademais de no PLAMBE, o CEIP Felipe de Castro participa nos principais programas educativos punteiros da Consellería de Cultura e Educación. Así, o centro conta este curso con 3 aulas dotadas de kit dixital, así como 2 aulas Abalar con netbooks para 47 alumnas e alumnos de 5º de primaria.

Ademais o centro asinou un contrato-programa na modalidade de acompañamento fóra do horario escolar, cuxo obxectivo é mellorar o progreso do alumnado de arredor do alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria con necesidades de apoio educativo.

Por outra banda, a Consellería ten realizado neste centro nos últimos anos obras de mellora e reparación de falsos teitos, cuberta, ximnasio e instalación eléctrica. Deste xeito, e xunto coa implantación dos devanditos programas educativos, a Consellería ten investido no colexio máis de 231.000 euros para a mellora das instalacións e a calidade educativa, nunha clara aposta polo ensino público galego.

Bibliotecas escolares [2]
Educación infantil [3]
Educación primaria [4]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [5]
Profesorado [6]
Alumnado [7]
Centros [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9243

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/9243
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/126
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros