Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Xunta e o Goberno central colaboran para impulsar o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e o Museo das Peregrinacións e de Santiago

A Xunta e o Goberno central colaboran para impulsar o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e o Museo das Peregrinacións e de Santiago [1]

Representantes da Consellería de Cultura e Educación e do Ministerio de Educación, Cultura y Deportes visitaron hoxe os dous museos para planificar as actuacións que garantan o seu bo funcionamento e que reforcen a súa actividade cultural

Gallego
Víctor Cageao e Enrique Varela, da subdirección xeral de Museos Estatales do Min
Víctor Cageao e Enrique Varela, da subdirección xeral de Museos Estatales do Ministerio, acompañados por representantes da Consellería, visitaron hoxe os dous museos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte colaboran para impulsar o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (MAPOU) e o Museo das Peregrinacións e de Santiago. Con este fin, os dous departamentos están a planificar as actuacións necesarias que garantan o bo funcionamento e que impulsen a actividade cultural que desenvolven os dous museos. 

Víctor Cageao e Enrique Varela, da subdirección xeral de Museos Estatales do Ministerio, acompañados por representantes da Consellería, visitaron hoxe os dous museos, desde os que a Xunta de Galicia, co apoio económico do Goberno central, leva a cabo un importante labor para a difusión do patrimonio cultural galego, dada a calidade dos seus fondos e coleccións, así como da temática que desenvolven.

No que respecta ao Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o seu programa de necesidades xa lle foi presentado ao Ministerio, co obxectivo de que o Goberno central poida acometer a rehabilitación e adecuación da sede principal, no Pazo do Bispo, en Ourense. Provisionalmente, o persoal e unha selección das coleccións do museo están situadas no antigo centro ocupacional Santa María.

Posteriormente, tivo lugar unha xuntanza de traballo no Museo das Peregrinacións e de Santiago na que se trataron as actuacións precisas para adaptar as infraestruturas e condicións museográficas ás necesidades actuais.

No caso do citado Museo das Peregrinacións e de Santiago, xestionado pola Consellería de Cultura e Educación, este museo ten redactado o Plan Museolóxico da futura nova sede, situada na Praza das Praterías, no que se inclúen os programas de necesidades, arquitectónicas, coleccións e exposición permanente. Esta documentación xa foi informada favorablemente polo Ministerio, a quen lle corresponde convocar proximamente un  concurso para a execución do dito proxecto de exposición permanente.

Cultura [2]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [3]
Entidades nacionais [4]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/8522

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/8522
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/661
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/405