Cultura e Educación aproba o proxecto básico e de execución para a nova escola de educación infantil de Betanzos [1]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de aprobar o proxecto básico e de execución para a construción dunha nova Escola de Educación Infantil na localidade de Betanzos. A documentación necesaria será remitida ao Concello para a tramitación e obtención da pertinente licenza de obra.
A construción da nova EEI de Betanzos constitúe unha aposta decidida deste departamento polo benestar da comunidade educativa, e un firme compromiso que se mantén malia aos actuais tempos de crise económica.
O proxecto da nova EEI de Betanzos foi realizado por Estudios Norniella S.L.P. O novo colexio supón a creación de quince unidades de infantil coa previsión, no propio proxecto, dunha ampliación nunha segunda fase ata acadar as 18 aulas. Estes espazos estarán situados nun corpo central e terán acceso a través duns eixes secundarios. Nesta mesma estrutura, e co acceso a través dun eixe central, estarán situados o comedor, a sala de usos múltiples, a administración e o patio de xogos.
Con este novo paso o departamento educativo da Xunta de Galicia pon de manifesto o seu compromiso coa atención ás necesidades educativas da zona. Cómpre lembrar, neste sentido, que no curso 2012-2013 foron escolarizados os estudantes de infantil dentro do concello de Betanzos.