Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > O Consello da Xunta autoriza a sinatura dun convenio para o funcionamento do centro neuropsicopedagóxico 'O Pelouro', en Tui

O Consello da Xunta autoriza a sinatura dun convenio para o funcionamento do centro neuropsicopedagóxico 'O Pelouro', en Tui [1]

O centro é pioneiro na educación de alumnado con trastornos de personalidade e conduta

Gallego

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura do convenio para o funcionamento e reserva de prazas para alumnado no centro neuropsicopedagóxico 'O Pelouro', durante o curso 2009/2010. Mediante este acordo subvenciónase a prestación do servizo público da Educación e a reserva de prazas para alumnado con trastornos de personalidade e conduta neste centro de Caldelas, en Tui (Pontevedra).

Serán 549.822 euros os que a Xunta de Galicia achegue para este fin. Así, a Consellería de Educación dá cumprimento ao establecido no Decreto 191/1988, do 21 de xullo, polo que se declara 'O Pelouro' como centro singular experimental de innovación psicopedagóxica e integración. Non en balde vén desenvolvendo desde 1973 a coeducación de escolares con necesidades educativas específicas, con e sen minusvalidez, mediante unha educación completa e integral da persoa, baseada na súa diversidade.

Con ensinanzas de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Secundaria Obrigatoria, este centro presta ademais o servizo de internado que, grazas ao convenio, resulta totalmente gratuíto para o alumnado. Ademais, as cantidades aboadas pola Administración autonómica cobren gastos de persoal, funcionamento e material para o correcto desenvolvemento das pertinentes actuacións de educación integradora e interactiva.

Os rapaces e rapazas con necesidades de apoio educativo específicas conviven e aprenden en integración co resto do alumnado ordinario de 'O Pelouro', co obxecto de acadar o máximo desenvolvemento das súas potencialidades, no marco dunha comunidade educativa equilibrada. Esta atención desenvólvese en réxime de internado de diversos tipos, segundo as circunstancias familiares ou de terapia o aconsellen, procurando o réxime máis axeitado a cada alumno ou alumna e ás dinámicas de grupo adaptadas ás súas características.

Escolarización [2]
Atención á diversidade [3]
Educación infantil [4]
Educación primaria [5]
Educación secundaria obrigatoria [6]
Outras entidades [7]
Centros [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/69

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/69
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/227
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/141
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/81
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/83
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/235
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros