Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > O proxecto de decreto polo que se regulará a Formación Profesional incorporará as linguas estranxeiras aos ciclos formativos

O proxecto de decreto polo que se regulará a Formación Profesional incorporará as linguas estranxeiras aos ciclos formativos [1]

O Consello Escolar de Galicia informou hoxe sobre o proxecto de decreto

Gallego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na súa aposta polo plurilingüismo, presentou hoxe ao Consello Escolar de Galicia un proxecto do decreto polo que se regulará a ordenación xeral da Formación Profesional no sistema educativo de Galicia, e que incorpora as linguas estranxeiras á FP, de tal forma que algúns dos módulos profesionais dos ciclos formativos
pasarán a impartirse nesas linguas, principalmente en inglés. Así mesmo, a Consellería de Educación promoverá accións para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado de formación profesional, co fin de favorecer a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos.

O Consello Escolar ditaminou hoxe sobre este proxecto, que ademais porá a disposición dos estudantes ofertas formativas que os cualifiquen para dar resposta ás necesidades do tecido produtivo galego. Deste xeito favorécese ademais a inserción laboral de persoal cunha ampla proxección profesional. Estes profesionais contarán con amplos coñecementos en prevención de riscos laborais,e  coas competencias necesarias para traballar nas óptimas condicións de seguridade e de saúde.

O proxecto tamén contempla promover o espírito emprendedor entre os estudantes, nos que se desenvolverá ademais unha identidade profesional que os leve a interesarse por unha aprendizaxe continua, adaptándose á evolución dos procesos produtivos e ao cambio social.

En torno a isto, destaca a organización dos módulos en unidades formativas de menor duración que os orixinais, co fin de facilitar a aprendizaxe permanente dos estudantes, cunha maior flexibilidade que permita compatibilizar a FP co desempeño dun posto de traballo. Ademais, o alumnado de FP poderá obter a equivalencia dos módulos cursados en créditos ECTS (European Credit Transfer System) e ECVET (European Credit system for Vocational Education and Training). Así fomentarase a mobilidade entre os ciclos formativos e o ensino universitario, outra vía para impulsar a formación ao longo da vida. Deste xeito, a Formación Profesional convértese nun sistema de oportunidades, que abre as portas á continuación de estudos no ensino universitario, e facilita a incorporación dos mozos e mozas ao mercado laboral, cuestións de suma importancia nestes momentos de crise.

Ademais dos idiomas, a Consellería adáptase á realidade actual coa incorporación das Tecnoloxías da Información e da Comunicación en todos os ciclos formativos, dun modo transversal e a través de actividades de ensino e aprendizaxe.

Lingua estranxeira [2]
Plurilingüismo [3]
Formación Profesional inicial [4]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [5]
Alumnado [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/591

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/591
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/233
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/232
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/85
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado