Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > A Consellería de Cultura e Educación desminte a redución de 1.137 profesores en Galicia no curso 2011/2012

A Consellería de Cultura e Educación desminte a redución de 1.137 profesores en Galicia no curso 2011/2012 [1]

A Consellería lamenta a interpretación errónea realizada a partir dos datos publicados nun informe do Ministerio

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desminte que a comunidade galega reducira o número de docentes en 1.137, lamentando a confusión xerada a partir da interpretación realizada en relación aos datos publicados polo Ministerio de Educación no seu informe “Enseñanzas no universitarias. Estadística del profesorado. Curso 2011-2012. Datos Avance”.

Deste xeito a Consellería recorda que en dito informe faise unha comparativa, tal e como se indica, entre os datos pechados do curso 2010/2011 e os datos aínda provisionais- con data do mes de abril- do curso 2011/2012.

Cómpre recordar que para que a comparativa dea datos reais debe facerse entre os datos pechados de ambos cursos, e non con distintas datas.

Datos en Galicia

Pola súa banda a Consellería recorda que a comezos de curso o titular de Cultura e Educación presentou na súa intervención no Parlamento de Galicia que a cifra de profesores de cara ao 2011/2012 tería unha diminución de 587 docentes debido a amortizacións dalgunhas xubilacións con respecto do 2010/2011. Asemade no Parlamento destacouse que xa naquel momento o número de profesorado interino incrementarase coa contratación de máis de 400 docentes máis que no ano pasado anterior no mesmo momento da adxudicación.

Información xeral [2]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [3]
Profesorado [4]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/5555

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/5555
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado