Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Erasmus

Erasmus [1]

Enviado por administrador a Mar, 02/03/2010 - 19:18

O programa Erasmus ten como obxectivo atender ás necesidades de ensino e aprendizaxe de todos os participantes en educación superior formal e en formación profesional de nivel terciario, calquera que sexa a duración da carreira ou cualificación, incluídos os estudos de doutorado, así como as institucións que imparten este tipo de formación.

  • Estudantes para estudos: Realización dun período de estudos nunha institución de educación superior noutro país europeo. 
  • Estudantes en prácticas: Realización dun período de prácticas nunha empresa ou organización doutro país europeo. 
  • Mobilidade docente: Mobilidade do persoal docente das institucións de educación superior e empresas para impartir docencia.
  • Formación de persoal: Mobilidade do persoal docente e demais persoal de institucións de educación superior para recibir formación.
  • Organización da mobilidade: Axuda ás institucións de educación superior para contribuír a crear as condicións óptimas para a realización dos distintos tipos de mobilidade contemplados dentro do programa Erasmus.
  • Programas intensivos: Organización de programas de estudo de corta duración nos que participan estudantes e persoal docente de universidades de diferentes países.
  • Cursos intensivos de idiomas: Cursos especializados nos idiomas menos falados ou ensinados dos países participantes no programa Erasmus.
  • Visitas preparatorias: Axuda ás institucións de educación superior que desexen participar no programa Erasmus e coñecer outros centros educativos adecuados para asociarse.

 

Para máis información: visitar a páxina web do Organsimo Autónomo Programas Educativos Europeos [2]

Exemplo de boas prácticas

  • Revista PAPeles europeos [3]
  • Revista PAPiro Digital [4]
Gallego
Erasmus [5]
Ensinanzas de réxime xeral [6]
Alumnado [7]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/530

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/530
[2] http://www.oapee.es/oapee/inicio/pap/comenius.html
[3] http://www.oapee.es/oapee/inicio/servicios/publicaciones/revista-OAPEE.html
[4] http://www.oapee.es/oapee/inicio/servicios/publicaciones/papiro-digital.html
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/288
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/alumnado