Nivel avanzado en tecnoloxías da información e da comunicación [1]
Modalidade: En rede.
Duración: 100 horas.
Obxectivos:
- Adquirir unha competencia de nivel avanzado no coñecemento instrumental e uso das TIC na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica e a súa utilidade na aprendizaxe colaborativa.
- Xestionar a nivel avanzado os contornos e espazos de aprendizaxe implementando experiencias e creando ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas tecnoloxías da información e da comunicación, avaliando o seu impacto e propoñendo novas modalidades de avaliación.
- Aplicar a nivel avanzado as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes e para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.
Contidos:
- Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula TIC. Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo. Realización de tarefas de mantemento básico.
- Desenvolvemento de aplicacións educativas con diferentes e diversas ferramentas de autor. Interacción con persoas e con colectivos diversos en contornas plurais e multiculturais.
- Produción de mensaxes multimedia con procedementos propios de vídeo, fotografía, animación, banda deseñada, audio, texto.
- Coñecemento e utilización de diferentes estratexias metodolóxicas para a inserción das TIC no deseño curricular como aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos, aplicando metodoloxías tales como a resolución de problemas, descubrimento guiado, webquest, simuladores.
- Aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do impacto das TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe. Aproveitamento das posibilidades das TIC para establecer novas modalidades de avaliación nas que se valore o axeitado uso das mesmas nos procesos de aprendizaxe.
- Mellora da xestión escolar utilizando as TIC. Emprego a nivel avanzado de programas e plataformas de xestión.
- Dispoñibilidade persoal e coñecemento de técnicas para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.
Gallego
Formación [3]