Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Inciación á Robótica e Programación con perspectiva de xénero

Inciación á Robótica e Programación con perspectiva de xénero [1]

Enviado por asesoria.igualdade a Mér, 30/04/2025 - 09:49

O Instituto das Mulleres e o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Pofesorado lanzan a acción formativa "Iniciación á robótica e programación desde unha perspectiva de xénero". Trátase dun MOOC (Massive Online Open Course) dirixido preferentemente a profesorado de educación primaria (os materiais están elaborados para esta etapa educativa) co obxecto de fomentar a participación das nenas en areas STEAM, favorecer o desenvolvemento de habilidades tecnolóxicas desde idades temperás e asegurar a equidade educativa de cara o futuro.

A educación obrigatoria ao ser inclusiva e universal representa unha oportunidade para integrar a robótica e a programación co perspectiva de xénero, e ofrece a posibilidade de acelerar este proceso mediante a abordaxe desde diferentes ámbitos e a implicación de todos os axentes educativos e comunitarios.

A acción formativa constados seguintres módulos:

1. Mulleres en STEAM e pensamento computacional.

2. Actividades desenchufadas.

3. Scracht.

4. Intelixencia artificial.

5. Robots de chan e placas de robótica.

O curso comezará o día 6 de maio e estará aberto ata o 12 de xuño de 2025.

A inscrición é gratuíta e xa está aberta para calquera persoa interesada, independente da súa situación xeográfica e perfil profesional, e prolongarase durante o período de duración do curso. A inscrición e a información ampliada sobre o curso está dispoñible a través desta ligazón. [2]

Gallego
Robótica [3]

Tema: 

Igualdade [4]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46532

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46532
[2] https://enlinea.intef.es/courses/course-v1:INTEF+igualdadyrobotica+2025_T1/about
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/04/30/58728e6b476d82349ac7cfeca0295963.png
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade