Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Publicación das listaxes provisionais de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (ED001A)

Publicación das listaxes provisionais de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (ED001A) [1]

Enviado por administrador a Xov, 10/04/2025 - 10:17
Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A)., convocados mediante a Orde do 14 de febreiro de 2025 (DOG n.º 32, do 17 de febreiro de 2025)

 

O prazo de reclamacións contra estas listas é de dez (10) días hábiles e comeza o día 11 de abril de 2025 e remata o día 28 de abril de 2025 (ambos días incluídos).

 

As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de acordo co establecido no apartado segundo da base sexta da Orde do 14 de febreiro de 2025

Para realizar reclamacións á listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal [2]

2- Autenticarse mediante calquera dos mecanismos admitidos na sede electrónica (Chave365, certificado electrónico,...)

3.- Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do procedemento selectivo do ano 2025 (código de procedemento ED001A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”. IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS DE DISTINTOS PROCEDEMENTOS, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER O TRÁMITE DE ALEGACIÓN NA SOLICITUDE CORRESPONDENTE Á ESPECIALIDADE E CONVOCATORIA DO ANO 2025.

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.

No caso das persoas que non figuren na listaxes de persoas admitidas/excluídas as alegacións deberán realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica (menú Trámites, Solicitude xenérica)

AVISO: O persoal aspirante deberá verificar nas listaxes provisorias tanto de persoal admitido como de excluído se figura exento ou non da realización da proba de coñecemento de lingua galega e de lingua castelá. No caso de que figure como NON exento da realización destas probas e se posúe a acreditación do coñecemento destas linguas deberá formular a alegación consonte o establecido nos parágrafos anteriores .

Información relacionada

Anuncio principal: 

Publicación da Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A) [3]

Servizo relacionado: 

Oposicións [4]
Programas e plans [5]
Oposicións [6]
Ensinanzas de réxime xeral [7]
Ensinanzas de réxime especial [8]
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos [9]
Subdirección Xeral de Recursos Humanos [10]
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial [11]
Profesorado [12]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46404

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46404
[2] https://sede.xunta.gal/
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/oposicions
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/40
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/198
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/9
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/49
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/51
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado