Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans

Concurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans [1]

Enviado por asesoria.igualdade a Lun, 17/03/2025 - 08:16

Con motivo da celebración do Día Internacional da Visibilidade Trans o próximo luns 31 de marzo, Arelas (Asociación de Familias de menores Trans de Galicia), convocan un ano máis, o "Consurso de Ilustración e Debuxo artístico sobre a realidade trans" co obxectivo de seguir visibilizando e concienciando sobre a igualdade de oportunidades, o empoderamento das sexualidades non normativas e contra as discriminacións e violencias transfóbicas.

No concurso establécense dúas categorías con dous premios: o primeiro de 150 € e o segundo de 100 €.

1º categoría: concursantes ata 13 anos cumpridos.

2º categoría: concursantes de 14 anos cumpridos en adiante.

Os catro traballos premiados serán publicados nas redes sociais e na web de Arelas.

Prazo de entrega: os traballos deberán ser enviados antes das 24 horas do día 24 de marzo ao correo infoarelas@gmail.org [2].

Entre o 24  o 27 de marzo as persoas participantes recibirán unha comunicación de aceptación do traballo, verificando que se axusta ás bases. A decisión do xurado farase pública o 31 de marzo.

Achéganse as bases do concurso e a normativa.

 

Gallego
Concurso Arelas [3]

File: 

PDF icon Bases concurso [4]
PDF icon Normativa [5]

Tema: 

Igualdade [6]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46188

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46188
[2] mailto:infoarelas@gmail.org
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/17/20ab3fa1e2df2211abb34641fcaf2d07.png
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/17/7a3e1c6defd8fc2613cde45c89ea5bea.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/17/4dec47d7155c70cf2b8d0767281f7491.pdf
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade