Fallo do xurado do VIII concurso de carteis do 8M [1]
Enviado por asesoria.igualdade a Lun, 10/03/2025 - 09:58Os membros do Tribunal do concurso de carteis de conmemoración do Día Internaional da Muller, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Consellería de Política Social e Igualdade e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, publicou o seu dictame.
A entrega de premios foi o xoves 6 de marzo de 2025 no Centro Galego de Arte Contemporáneo en Santiago de Compostela.
Presentáronse 118 propostas. Nesta edición foron premiadas alumnas e alumnos de tres centros de Ourense, Vilalba, Lugo e Vigo.
Dictame do xurado
1ª Categoría (alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria)
- 1º premio: CEIP Monseivane, de Vilalba. Alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, co título “Que queremos ser de maiores? Iguais”
- 2º premio: CEIP A Ponte, de Ourense. Alumnado de 5º de Educación Infantil, co título “Arela de muller: igualdade e poder”
2ª categoría: (alumnado de 5ª e 6º de Educación Primaria, de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria e de Educación Especial)
- 1º premio: CEE O Pino, de Ourense. Alumnado de Educación Especial, co título “Xuntas“
- 2º premio: CEIP Monseivane, de Vilalba. Alumnado de 5º e 6º de primaria, co título “Camiñando cara a igualdade”
- Accésit: CEE Santa María, de Lugo. Alumnado de Educación Especial, co título “Sempre con forza NOSOUTRAS”
3º Categoría (alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, 1º e 2º de Bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior)
- 1º premio: IES Alexandre Bóveda, de Vigo. Alumnado de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), co título “A igualdade non é un soño, é un dereito”
- 2º Premio: Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús - Carmelitas, de Ourense. Alumnado de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), co título “Xuntas somos máis fortes”
Tema: