Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Boas prácticas en materia de igualdade

Boas prácticas en materia de igualdade [1]

Enviado por asesoria.igualdade a Lun, 03/03/2025 - 11:16

Tres profesoras do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, Rebeca Carrera (profesora no departamento de música tradicional e coordinadora do EDLG do centro), Belén Ferreiro (profesora de viola) e Susana Pérez (profesora de piano) que desde hai tres anos centran a súa enerxía en realizar actividades para a visibilización das mulleres na música, achégannos a súa última creación "Tecendo Redes".

Contan co seguinte material que poñen á disposición dos centos educativos e das persoas que se amosen interesadas:

  •  92 carteis con rostros de compositoras que inclúen pistas para chegar aos seus nomes. Os carteis están organizados en tres niveis de dificultade: doado, accesible e difícil. 
  •  92 peixes cos nomes de cada compositora que inclúen un QR para enlazar con algunha páxina de interese relacionada con ela.
  •  4 carteis explicativos do funcionamento da actividade.
  •  1 cartel coa descrición da rede exposta cesión desinteresada, da Asociación Atalaia de A Guarda.
  •  Etiquetas de "pescada" para indicar que a compositora foi descuberta.

Adxuntamos tamén o cartel coa programación da Semana de Igualdade que realizan no seu centro

Podedes acceder a páxinaweb a través da seguinte ligazón https://enclavemorada.cmusvigo.gal/creacions/tecendo-redes/ [2]

Contacto co centro: Teléfono: 986 213 395      Correo electrónico: cmusvigo.gal

 

Gallego
CMUS [3]

File: 

PDF icon semana da igualdade [4]

Tema: 

Igualdade [5]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46059

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46059
[2] https://enclavemorada.cmusvigo.gal/creacions/tecendo-redes/
[3] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/03/2d02ad41919ad10688de38b931cb0352.png
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2025/03/03/a3369ddb5069ad141a575b3a87da8b9f.pdf
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/igualdade