Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > As familias poden solicitar ata o 20 de marzo praza para os seus fillos nos centros educativos para o curso 2025/26

As familias poden solicitar ata o 20 de marzo praza para os seus fillos nos centros educativos para o curso 2025/26 [1]

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

Os trámites poden realizarse pola vía telemática na aplicación informática admisionalumnado [2]

O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato

Gallego
Aula

Desde hoxe e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo para que as familias soliciten praza escolar para o vindeiro curso escolar 2025-26 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Tramitación en liña

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado [2], que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao gravar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Información xeral [3]
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional [4]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46036

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/46036
[2] https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/123
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/206