Suspendido o concerto de René Pape & Camilo Radicke do ciclo Galicia Classics [1]
Gallego
Por motivos de axenda de última hora dos artistas participantes, queda suspendido o concerto do baixo René Pape xunto ao pianista Camillo Radicke, previsto inicialmente para o 17 de abril ás 20:30 horas na Cidade da Cultura dentro do ciclo Galicia Classics que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Estase a estudar o traslado dese mesmo concerto a unha data posterior ou a incorporación doutra proposta artística ao programa de Galicia Classics 2012 para Santiago de Compostela.
Cultura [2]