Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de Catedráticos de música e artes escénicas (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas [1]
Enviado por administrador a Xov, 07/11/2024 - 12:06Xúntase a Resolución do 7 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 593100 Tecnoloxía musical e 593476 Jazz-contrabaixo do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) e en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas