Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Publicación da relación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024-2025

Publicación da relación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024-2025 [1]

Enviado por administrador a Xov, 20/06/2024 - 10:32
Gallego

Xúntase a Resolución do 20 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024-2025.

  • O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra a citada resolución é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]). utilizando o modelo xenérico dispoñible no último expediente de solicitude xenérica (PR004A) formulada para a renuncia á participación do seguinte xeito:

-Acceda a ligazón https://sede.xunta.gal [2]

-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder.

-Introduza o seu NIF e a súa contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital

-Localice no apartado de ÚLTIMOS EXPEDIENTES E PRESENTACIÓNS a última solicitude presentada (PR004A) para formular a renuncia á participación no CADP e prema no botón Acción existente á marxe dereita. Elixa no desplegable a opción Recurso de reposición.

-No campo ACTO RECORRIDO indique: RESOLUCIÓN SOBRE NON PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS 24-25

-No campo UNIDADE RESPONSABLE DO PROCEDEMENTO debe elexir Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (para axilizar a búsqueda pode pinchar no formulario Seleccione e escribir Centros e Recursos e seleccionar a opción que lle ofrecerá a sede) Unha vez cuberto o recurso prema no botón “Continuar”

-Neste paso pode anexar a documentación xustificativa que considere conveniente e logo premer no botón Continuar.

-A seguir deberá asinar o recurso e presentalo no rexistro electrónico para o que se lle enviará o seu móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación no caso de empregar Chave 365 ou no caso de certificado dixital a súa contrasinal.

-Por último, a sede electrónica informaralle que o seu recurso foi presentado e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico. O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

 

Información relacionada

Anuncio principal: 

Convocado o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2024/25 [3]

Servizo relacionado: 

CADP [4]
Programas e plans [5]
Destinos provisionais e outros concursos [6]
Interinidades e substitucións [7]
Ensinanzas de réxime xeral [8]
Ensinanzas de réxime especial [9]
Subdirección Xeral de Recursos Humanos [10]
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria [11]
Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial [12]
Profesorado [13]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43595

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43595
[2] https://sede.xunta.gal
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/cadp
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/133
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/196
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/197
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/49
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/50
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/51
[13] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado