Publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados (ED012A) [1]
Enviado por administrador a Ven, 22/03/2024 - 14:18Xúntase a Resolución do 22 de marzo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).
Contra esta resolución definitiva, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso administrativo que sexa competente, ambos os dous casos contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.