Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de PES (590) [1]
Enviado por administrador a Ven, 24/11/2023 - 15:24Xúntase a Resolución do 24 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de procesos e produtos en madeira e moble (590123), sistemas electrónicos (590124), sistemas electrotécnicos e automáticos (590125), instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluidos (590205), instalacións electrotécnicas (590206) e equipos electrónicos (590231) do corpo de profesores de ensino secundario (590)(Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal [2]) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A.
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.