Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Continúa aberta a convocatoria do concurso "Unha viaxe polo patrimonio e os albergues REAJ da miña Comunidade"

Continúa aberta a convocatoria do concurso "Unha viaxe polo patrimonio e os albergues REAJ da miña Comunidade" [1]

Enviado por administrador a Mar, 21/11/2023 - 19:30
viaxe [2]
Gallego

"Unha viaxe polo patrimonio e os albergues REAJ da miña Comunidade" é un concurso de vídeos organizado pola REAJ e dirixido a clases de 6º de primaria de calquera escola pública, privada ou concertada.
 

Para participaren, as escolas terán que presentar un vídeo en que amosen o patrimonio mundial e os albergues xuvenís da súa Comunidade. O vídeo deberá ter unha duración máxima de 4 minutos e non é preciso trasladarse ata o ben "patrimonio mundial" nin ata os albergues. O formato é totalmente libre: Pode ser unha explicación, entrevista, spot, representación teatral, baile, canción...

Hai 2 premios:

- Para a escola gañadora, 5.000 € (IVE incluído) para visitar bens declarados patrimonio mundial, con aloxamento en albergues REAJ.
- Por sorteo entre todas as escolas participantes, unha equipación deportiva valorada en 1.000 € (IVE incluído).
 

A fase de recepción de vídeos estará aberta ata o 1 de marzo de 2024 ás 15 horas.

Podes baixar as bases da convocatoria, instrucións e formulario de participación, así como dar unha ollada a vídeos de edicións anteriores, na seguinte ligazón [3].

Concursos [4]
Educación primaria [5]
Entidades nacionais [6]
Profesorado [7]
Centros [8]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41657

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41657
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/viaxe.jpg
[3] https://reaj.com/un-viaje-por-el-patrimonio-de-mi-comunidad/
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/250
[5] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/82
[6] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/405
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/profesorado
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros